Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
"Todas as vidas" recrea relatos de soñadores, perdedores, persoas frustradas ou de aspirantes á revolución. Son un monllo de vidas que abanean entre o marabilloso e o absurdo, vidas intensas que petan con forza á nosa beira. Un exlexionario fantasía con tempos felices sobre os areais de Melilla; un aspirante a estrela do boxeo combate sobre o ring dunha Detroit moi doméstica; a raíña, a piques de ser destronada, escríbelle compulsivamente ao seu confesor. Coa súa habilidade e mestría habitual, Xosé Ramón Pena ofrécenos historias cheas de vida, como a crónica aceda da «máis chula do barrio», atrapada entre o thriller e o terror ou os amores e desvaríos dun aprendiz moderno de pirata coxo.