Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
penso que debería, dalgún xeito, dar forma literaria (non necesaria-mente como novela, senón como algunha sorte de híbrido narrativo que polo de agora descoñezo : que me descoñece) á loita que manteño no meu interior (calado : paralizado : afogado) contra esta a nosa cidade e a ¡súa! (in)cultura en decadencia (pugna sen acougo, sen satisfaccións, na procura constante de derrubar a falacia da súa hexemonía) algún sistema literario que desenvolva e dea noticia da descuberta que vimos de realizar, e que (na súa, intúo, mínima transcendencia social) permita a un número in-determinado de persoas tomar con(s)ciencia da existencia agochada entre nós de creadores coma el, de novos mártires soterrados nas gabias-da-marxinación e nos foxos-do-illamento da vergoña actual por parte desta sociedade do espectáculo e da vulgaridade (que aínda por riba se cre expiatoria de todos os crimes perpetrados no pasado) un texto que sexa: radiografía dunha transición estilística berro xordo contra un medio que enmudece restitución dunha vítima da historia imperante aínda-non-escrita topoloxía dunha vida en travesía polo deserto crónica dunha outredade recoñecida
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?