Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
Este libro recolle catrocentas tiras das publicadas por Gogue en "Faro de Vigo" na súa sección "Floreano" organizadas en tres apartados: "De mulleres, chi?as, rubias e varios", "De curas, monse?ores eeminensias" e "De tasas, vi?os e loureiros". Constitúe a primeira gran antoloxía dos personaxes creados polo humorista do Grove: Floreano,Monchi?a, Epifanio, Cachi?a, don Ramón o cura, Charito e Fly. Abre ovolume o texto, "Floreano, My Way", limiar de Alberto Avenda?o,director de "Tiempo Latino"."Floreano e mais eu cumprimos os 25 anos en paralelo, el nas páxinasdo "Faro de Vigo" e eu nas rúas migratorias dos Estados Unidos. Eucreo na liberdade de expresión e Floreano é a expresión da liberdade.Floreano é paródico e saudoso, eu vivín a parodia en Galicia e vivo asaudade en Washington. Floreano, aínda que non o pareza, nunca faicomentarios de actualidade transcendental, limítase a doar os seusórganos vitais -cerebro, lingua e outras partes brandas- para omelloramento da humanidade. Eu nunca me atrevería a tanto. Floreano éun heroe accidental, un mártir despistado, un home sen segundas porque pensa que conduce un coche automático. Niso tamén somos diferentes.Floreano debe ser declarado Patrimonio Intanxible da Humanidade aíndaque a el o que máis lle gusta é tocar. (...)Se lle preguntas a Floreano como lle vai a vida, espétache: My Way! Se mo preguntas a min, eu dígoche: Do carallo! E cando Floreano e maiseu cantamos a dúo, con Sinatra na casete do dous cabalos gris, e chega aquilo de I did it my way!, nós os dous -que non falamos galegonormativo- erguemos as cuncas de tinto ao ceo e aturuxamos en perfecta de-sintonía: Man-da-ca-ra-lloooooo!Gracias, GOGUE. Thank you, Floreano."Do limiar de Alberto Avenda?o
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?