Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
O esquío vermello estaba triste. Sentía unha pena moi fonda porque a súa nai morrera, e pensaba que nunca máis sería feliz. Seu pai secáballe as bágoas con tenrura, intentando consolalo… A primeira vista, podería parecer que con esta proposta literaria e artística os lectores infantís sintan certo desasosego; pero ao igual que lle sucede ao pequeño esquío, os nenos e as nenas perciben dun xeito natural a experiencia da morte. E buscan respostas. A distancia que achega a fantasía resulta básica para axudalos a entender a perda dos seres queridos. Trátase dunha historia entrañable, chea de tenrura e delicadeza, que abre as puertas a un tema profundo e de tratamento necesario, dando suxestións abertas e tranquilizadoras sobre a continuidade da vida.
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?