Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
A ratiña sae da casa, apurada, a mercar comida e choca con alguén, no tumulto do mercado. De súpeto decátase de que lle roubaron a carteira e vai correndo a perseguir o culpable. A partir deste intre comeza unha disparatada historia na que as cousas non son mesmo o que semellan ser.A desconfianza é un sentimento de dúbida que xera pensamentos negativos e fainos ver persoas deshonestas ao noso ao redor.Con frecuencia, na infancia escóitanse mensaxes de intolerancia, opinións ou críticas que fan sentir confundidos aos cativos ou mudan o seu sentido da realidade; tamén as présas ou o xeito de vida pode facer xerar desconfianza. Aprender a confiar é indispensable para ter unha mente sa e relacións satisfactorias. Xulgar desde os feitos, atender ao que outras persoas teñen que dicir e observar a realidade sen estar á defensiva, é clave para un bo desenvolvemento. Pero este conto tamén nos ensina que o erro pode ser unha ferramenta que pode modificar unha actitude; unha oportunidade motivadora para aprender e provocar gratitude.A ilustradora, Graziella Troncatti, á marxe de respectar a intención da autora do texto, desenvolve e enriquece a historia desde as imaxes, estimulando así a sensibilidade visual dos lectores para ampliar o significado do relato.
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?