Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
Ricardo II, de William Shakespeare, narra a destitución dun rei lexítimo, o destronamento de Ricardo II de Inglaterra en 1399 por Henrique Bolingbroke, duque de Hereford, que se converte así en Henrique IV e instaura a dinastía Lancaster. Ricardo II é unha obra histórica e un sutil drama político que suscita cuestións sempre candentes de índole ética e moral. Ricardo é un rei frívolo, arbitrario e débil de carácter mentres que Bolingbroke é hábil, enérxico e pragmático, quizais máis idóneo como gobernante, pero é un usurpador, aprópiase dunha coroa que non lle pertence. Shakespeare é fiel aos datos históricos documentados, mais tamén, como dramaturgo que é, inventa escenas, funde personaxes, comprime o tempo e pon palabras propias en boca de personaxes históricos que lle dan maior autenticidade e entidade escénica. Como obra histórica é singular, pois non hai batallas nin derramamento de sangue, agás o de Ricardo, pero si se derraman moitas bágoas. Mais a obra non se reduce a crónica histórica nin drama político porque Shakespeare nos adentra na complexidade da alma de Ricardo, na súa traxedia persoal e, en definitiva, na súa condición humana. Ricardo II é unha obra elexíaca, de exquisito lirismo, brillante, profunda, complexa e conmovedora. En moitos aspectos Ricardo II pode considerarse como un preludio para Hamlet.
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?