Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
Neste libro ofrécense seis relatos escritos en galego por seis autores de Ferrolterra. Cada un co seu estilo, a súa memoria, a súa ollada. Pero tamén cunhas paisaxes en común, as de Ferrolterra. Edicións Embora tivo a idea de reunilos nun libro e só puxo unha condición: que escribisen sobre a comarca. E eles aceptaron o reto. O resultado é Seis Ferroláns, un volume de relatos no que Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro cruzan a súa memoria para recuperar paisaxes cotiáns da comarca a través de seis historias. Para o crítico Armando Requeixo -que presentou a obra o 17 de maio de 2003 na Feira do Libro- ?o sexteto narrador destas páxinas está formado por voces decisivas da literatura en lingua galega que se está a facer nesta comarca?. Desde Meirás ata Sillobre, pasando por Covas, o Cantón ou o Arsenal, os seis autores botan man de imaxes da comarca para rescatar historias e personaxes ?ficticios ou reais? do pasado.