Proizvod vam ne odgovara? Nema veze! Proizvode možete vratiti do 30 dana
S poklon bonom ne možete pogriješiti. Za poklon bon primatelj može odabrati bilo što iz naše ponude.
Do 30 dana za povrat
Os Ensaios de Michel de Montaigne constitúen unha das grandescreacións do humanismo do século XVI. Publicados por primeira vez en1580 e reeditados varias veces en vida do autor, foron todo un éxitoeditorial e exerceron enorme influencia. A fórmula empregada, quecombina o discurso filosófico coa confesión persoal e autobiográfica e toda clase de digresións, serviu de modelo para autores posteriores e instaurou un novo xénero. Montaigne non aspira a construír un sistema filosófico e nin sequera se pretende filósofo, recea de tododogmatismo e busca na filosofía unha moral práctica orientada aaprender a vivir o máis felizmente posible. A maior parte destaescolma vén ocupada pola Apoloxía de Raymond de Sebonde, reputado como o máis filosófico dos ensaios, mostra singular do escepticismohumanista precartesiano. No titulado Que filosofar é aprender amorrer, servíndose de temas e motivos de tradición estoica, Montaignerecomenda a meditatio mortis como fórmula para aprender a vivir. Noque leva o título de Da educación dos fillos expón as súas ideasacerca da educación, que fan del un precursor da pedagoxía moderna. Otitulado Dos caníbales, que amosa o impacto provocado pola descubertado chamado Novo Mundo, é tamén un texto precursor, neste caso daantropoloxía social.
Dobar dan! Ja sam Libroamiko, vaš književni savjetnik.
Kako vam mogu pomoći?